Canastro 1

mapa ficha

Referencia:

030061

Nomenclator:

3206202

Coord. UTM:

x: 59115300 y: 465200100

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PARADELA DE ABELEDA

Lugar:

Retorta, A

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastro 1

Descrición:

Canastro mixto de considerables dimensións situado á beira da rúa principal que atravesa o pobo. Empréganse a modo de soportes catro pares de pés sobre os que se alzan outras tantas mesas rectangulares de pedra. O corpo, coa estrutura de pedra, péchase nos lados costais mediante tres panos de doelas separados entre sí mediante columnas de pedra. As doelas en disposición vertical, únense a través cintas. Nos lados penais realízase o peche do mesmo xeito, e nun deles colócase a porta de acceso. No pinche de enriba da porta, unha inscrición recorda que o canastro foi levantado no ano 1905. Uns gardaventos coroan os pinches en ambos lados penais.

volver a búsqueda