Capela de San Paio

mapa ficha

Referencia:

030060

Nomenclator:

3206202

Coord. UTM:

x: 58997805 y: 465155432

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PARADELA DE ABELEDA

Lugar:

Lobios

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela de San Paio

Descrición:

Capela cunha arquitectura moi similar á veciña ermida de Reboreda. É un edificio de pranta rectangular realizado en perpiaños, uns máis regulares ca outros. A disposición da fachada é a misma cá de Reboreda, exceptuando uns cambios na espadana. Presenta porta de acceso alintelada cun vano horizontal a cada lado.
 
Espadana dun só oco con cornixa no arranque do arco. Coroa o conxunto unha cruz latina de sección romboidal co remate dos brazos en flor de azucena.
 
No documentación aparece xa mencionada unha ermida cara finais do século XVII, concretamente co gallo da visita parroquial do ano 1683, baixo a advocación de San Paio (Libro 34.7.7., fol., 1). Dise da mesma que está con decencia para oficiar misa.
 
No século XX sufriu unha restauración completa. Polo que se deduce da relación de gastos (Libro 34.7.6., fol.,197) só se aproveitaron as paredes, as imaxes e pouco máis.Levouse a cabo a instalación da luz eléctrica, pintaronse todas as imaxes, refundiuse a campá, etc.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
A.H.D.OU.
       Libro: 34.7.7.
       Libro: 34.7.6.
-Ficha do Inventario do Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.

volver a búsqueda