Canastros 14 - 15

mapa ficha

Referencia:

030055

Nomenclator:

3206202

Coord. UTM:

x: 58989000 y: 465144500

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PARADELA DE ABELEDA

Lugar:

Lobios

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastros 14 - 15

Descrición:

Par de canastros, un deles de madeira e o outro mixto. O de madeira conta con seis pés sobre os que se alzan outros tantos tornarratos de forma circular. Este entramado serve de apoio á grade, enriba da cal se asenta o peche da cámara. Este peche realízase nos lados costais mediante tres panos de doelas separados por columnas de madeira. As doelas dispóñense verticalmente e quedan unidas a través de faixas, esta unión refórzase cuns balaustres colocados en diagonal por debaixo das cintas. Os lados penais tamén se cerran mediante doelas dispostas verticalmente, reservando un dos lados para a colocación da porta de acceso ó corpo. Cuberta a dúas augas con tella curva. O canastro mixto tamén consta de seis pés e en cada parella de esteos descansa unha mesa de pedra rectangular. No medio dun dos tullos colócase para reforzo da grade duas columnas de cemento. Sobre este complexo repousa a cámara con estrutura de pedra, que se pecha nos lados costais mediante dous panos de doelas separadas por columna de pedra. As doelas dispóñense en posición vertical e trábanse a través de faixas. Nos lados menores adóptase a mesma solución, colocando nun deles a porta de entrada á cámara. Nun dos pinches unha inscrición recórdanos o nome do propietario do ben, así como a data da súa realización: "AÑO 1936 Jose Santos". Cuberta a dúas augas con tella plana.

volver a búsqueda