Canastros 8 - 9

mapa ficha

Referencia:

030050

Nomenclator:

3206202

Coord. UTM:

x: 58972000 y: 465146400

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PARADELA DE ABELEDA

Lugar:

Lobios

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastros 8 - 9

Descrición:

Par de canastros, un deles de madeira e o outro mixto. O de madeira asenta a cámara sobre tres parellas de esteos e outras tantas mesas rectangulares. O peche do corpo lévase a cabo nos lados costais mediantes tres panos de doelas dispostas en posición vertical e atravesadas por faixas. Nos lados penais óptase polo mesmo procedemento, nun deles colócase a porta de entrada. A cuberta a dúas augas con tella plana. O hórreo mixto utiliza como soportes os mesmos elementos. A cámara coa súa estrutura de pedra, cérrase nos lados costais mediante dous panos de balaustres separados por unha columna de pedra. Os balaustres dispostos verticalmente únense mediante cintas. Nun dos lados penais adóptase a mesma estrutura, o outro resérvase para a porta de acceso, neste caso non de madeira, senón de ferro. No pinche de enriba da porta reza o ano en que se levanta o canastro: "1972". Cuberta a dúas augas con tella plana.

volver a búsqueda