Canastros 5 - 6 - 7

mapa ficha

Referencia:

030049

Nomenclator:

3206202

Coord. UTM:

x: 58971700 y: 465154000

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PARADELA DE ABELEDA

Lugar:

Lobios

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastros 5 - 6 - 7

Descrición:

Conxunto de tres canastros, dous de madeira e un mixto. Na mesma aira hai un cuarto hórreo que consta dunha estrutura de cemento.  Segundo a foto, o canastro da dereita, que é o que se atopa máis mal conservado, está formado por tres parellas de esteos, sobre as parellas dos extremos descansan cadansúa mesa rectangular e sobre os dous pés do medio uns tornarratos con forma de roda. O corpo do hórreo cérrase nos seus lados costais a través de tres panos de doelas de madeira dispostas en posición vertical. As mencionadas doelas están atravesadas por faixas, e baixo éstas uns balaustres colocados en diagonal serven de reforzo de unión. Nos lados penais emprégase o mesmo procedemento, colocando nun deles a porta de entrada. Cuberta a dúas augas con tella curva. Seguindo a fotografía, á esquerda do anterior atópase o outro canastro de madeira que está formado por tres parellas de esteos sobre os que descansan outras tantas mesas rectangulares. Este é o soporte para o corpo do hórreo, pechado nos lados costais mediante tres panos de doelas separados por columnas de madeira. Os balaustres dispóñense en posición vertical e quedan atravesados mediante cintas. Uns dos lados penais está recuberto con dúas chapas de cinc, o outro resérvase para a porta de entrada. Cuberta a dúas augas con tella mixta. O último ben do conxunto, é un canastro mixto de considerables dimensións cunha cámara apoiada en catro parellas de pés sobre os que se alzan outras tantas mesas rectangulares. O corpo cunha estructura de pedra, péchase nos lados costais mediante tres panos de doelas separados entre sí por columnas de pedra. Os balaustres, pintados de cor granate están dispostos verticalmente e atravesados por cintas. Nos lados penais óptase polo mesmo esquema, colocando nun deles a porta de entrada. Sobre a porta, no pinche, unha inscrición aclara a data de realización do ben: 1952. A cuberta voa considerablemente sobre os lados penais ca finalidade de protexer da auga da choiva, realízase a dúas augas con tella plana.

volver a búsqueda