Casa con columnas e capiteis significativos

mapa ficha

Referencia:

030041

Nomenclator:

3206202

Coord. UTM:

x: 59223127 y: 465111645

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PARADELA DE ABELEDA

Lugar:

Paradela de Abeleda

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Vivendas

Subtipo:

Casa Vivenda

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Casa con columnas e capiteis significativos

Descrición:

Enfronte do cruceiro de Paradela de Abeleda hai unha casa de pedra cun portalón flanquedo por dúas columnas cos seus correspondentes capiteis, serven como soportes dun pequeno balcón. Dous basamentos irregulais dan paso ás columnas con fustes de sección circular. Os capiteis presentan decoración diferentes, a pesar de ser decoración vexetal en ambos casos. O da esquerda presenta volutas angulares e unha planta en cada unha das caras, o da dereita carece de volutas angulares e só se poden apreciar dúas caras decoradas; nunha delas ten unha roseta e na outra unha ancha folla cóncava. Segundo un veciño do pobo duns setenta anos de idade a casa foi dunha muller que casou cun portugués que era canteiro, de todos xeito el xa non recorda ó matrimonio senón que estas son novas que lle transmitiran os seus antepasados directos.

volver a búsqueda