Igrexa parroquial de San Xoán

mapa ficha

Referencia:

030040

Nomenclator:

3206202

Coord. UTM:

x: 59238352 y: 465133769

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PARADELA DE ABELEDA

Lugar:

Paradela de Abeleda

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Indeterminado
Igrexa parroquial de San Xoán

Descrición:

As primeiras referencias documentais de interese que se conservan para esta sinxela igrexa rural datan do século XVIII. Será na primeira década da mencionada centuria cando a feligresía decida acometer unhas primeiras obras no coro e na sancristía. Nas contas das primicias dos anos 1712 e 1713 (Libro 34.7.6., fol., 15Vº) o recolectado canalizouse ".. ..para la obra que se haçe en la yglesia de coro y sacristia entrego esta partida al maestro que hizo la yglesia". O recaudado nos anos seguintes, ata 1719 foise destinando para o mesmo fin. Estes datos non concordan moito cunha nota recollida no libro de contas (Libro 34.7.6., fol.,21), onde se afirma que as obras comezaron a primeiros de abril de 1720, despois de obter licencia do bispo Don Juan Muñoz de la Cueva. O mestre encargado da factura da capela maior e da sancristía foi un canteiro aveciñado en Santa Mariña de Augasantas que levaba por nome Simon, cobrou polo seu traballo un total de 1800 reais.
Rematadas estas obras, o seguinte paso era atender ó adorno interno do templo e para eso levouse a cabo a execución do retablo maior. Os gastos da súa factura aparecen recollidos no axuste de contas da igrexa que se corresponden co arco cronolóxico que abarca 1720-1765 (Libro 34.7.6., fol.,42): "Mas da en descargo tres mil y quinientos reales que costo el retablo maior de que thiene recibo del maestro que hizo la obra" "Mas doze reales de la echura de la escritura de la obra del retablo" "Mas de la echura de piedra del altar maior que llebo francisco senrra pedrero sesenta y seis reales".
 
Nas seguintes contas do templo (1765-1774) aparece recollido o gasto da pintura do retablo (Libro 34.7.6., fol.,46); "Primeramente para la pintura y dorado del retablo maior de la yglesia que se ajustto con Carlos Rodriguez y Joseph Rodriguez su hermano maestros pintores de la ciudad de orense en seis zientos ducados que fueron pagandosele en varias partidas".
 
O depositario dos caudais da igrexa nas contas que presenta para o edificio entre os anos 1779 e 1798 descarga a cantidade de 600 reais para a pintura dos retablos colaterais da igrexa (Libro 34.7.6., fol.,59).
 
Non obstante, a fisionomía que presenta o templo na actualidade adquírea no primeiro tercio do século XIX, será neste momento cando a igrexa emprenda unha importante obra. Asi aparece recollido no axuste de contas que se fai para os anos 1825-1829 (Libro 34.7.6., fol.,75Vº); "Asimismo se le abona la cantidad de diez mil ochocientos veinte y seis reales que pago en barias partidas y según recivos a Manuel Suarez maestro, y a sus oficiales de canteria por la hechura a cimentis de la sacristia todo el presviterio, dos alatres de piedra a la romana: los colaterales; la pila bautismal, y su mesa, con el competente losado. Construccion de ottra mas pequeña colocada en la pared; un lienzo de dicha yglesia a la parte del norte; realce de dicha yglesia sobre el arco principal: nuebe cruces para el atrio que falttavan para el calbario, y el arranque de piedra correspondiente para dicha obra". "Del mismo modo se le abonan trescientos quarenta y tres reales por quarenta y nuebe dias que ocupo el cantero Ramon Suarez por separado, en abrir o quadrar la puerta principal de la mencionada yglesia de Paradela, quitandole el arco que tenia: abrirle el rasgado: ayudar a hacer los porlones de la misma; hecharselos, y darle cal a aquella". "Ytem doscientos noventa y nuebe reales que pagó, y tubo de coste la madera comprada para la citada yglesia". "Asimismo se le abonan trescientos reales que pago a los serradores por los dias ocupados en la preparacion de dicha madera en que se emplearon quince dias". "Mas se le abonan mil doscientos treinta y dos reales importe de ciento y cincuenta y quatro dias, ocupados por tres carpinteros, a ocho reales cada uno en techar y cubrir la sacristia reformar y techar la capilla mayor: hacer los cajones para la ropa: las puertas de la sacristia, y ottros reparos en el rejado de la pila bautismal". ".. ..noventa y dos reales por el coste y porte de una cuerda, que se compro, para subir las piedras a la obra". Aparecen reflexados ademáis outros gastos menores tales como o ferro para visagras e porlóns, cravos, a tella da igrexa, o carbón empregado polo mestre canteiro para apuntar os picos e recompoñer o resto das ferramentas para arrancar a pedra no monte etc. Nunha nota o final das contas recóllense outros gastos que costeou o párroco pola súa conta, destacando a cantidade de 180 reais pola pintura de dous retablos.
 
Na década dos 30 do século XIX as obras vanse centrar no exterior do edificio, é época de importantes remodelacións no adro. Nas contas que transmite o depositario dos caudais da igrexa entre os anos 1831 e 1835 (Libro 34.7.6., fol.,79Vº) recollése a seguinte nota; "tambien se le abona la cantidad de seiscientos ochenta y siete reales que ha pagado este depositario al cantero Ramon Suarez por la construccion del cementerio". No ano 1836 aínda continuaban as obras, pero neste caso aparece reflectido o nome de Ramón Rodríguez como canteiro. Non se sabe se é unha confusión do párroco ó plasmar as contas ou se é que se cambiara de mestre.
 
Estase ante unha sobria igrexa rural composta por unha nave de pranta rectangular que se prolonga nun presbiterio con maior altura. Na fachada norte atópase a sancristía e unha capela que probablemente sexa a mencionada na documentación como capela da nosa Señora de Abeleda (Libro 34.7.6., fol.,83).  A fachada é de grande austeridade. Na portada aínda quedou marcado o vano con arco de medio punto que noutra hora servía como acceso ó templo. Posteriormente como se viu na documentación foi transformado nun arco moi rebaixado. A espadana está asentada sobre un basamento seguido dunha cornixa. Consta dun só corpo con dous arcos xemelgos que presentan cornixa no arranque dos mesmos. Remate triangular cun óculo no espacio que fai as veces de tímpano. Coroa todo o conxunto unha cruz de metal.
 
Do calvario que existiu no muro arredor da igrexa, son poucos os restos que quedan. Só se conserva unha cruz completa, parte doutra e un basamento dunha terceira. Dúas estan flanqueando unha das portas de acceso ó adro; a enteira consta dunha base cúbica e unha cruz latina cos brazos que no comezo e no remate son de sección cadrada e no resto teñen as aristas rebaixadas. A outra case se tornou nunha cruz grega, xa que lle falta parte do brazo lonxitudinal. Nun intento de poñela a unha mesma altura cá anterior empotrouse nunha base máis elevada.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do Inventario do Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.
-A.H.D.O.U.
        Libro 35.7.6.
        Libro 35.7.7.
 
BIBLIOGRAFÍA:
-DE JUANA LÓPEZ, J.: A Alta Limia. A Terra que medrou vencellada a unha Lagoa, Ir Indo Edicións, Vigo, 1993, p.95.

volver a búsqueda