Fonte e lavadoiro 3

mapa ficha

Referencia:

030036

Nomenclator:

3206202

Coord. UTM:

x: 59207900 y: 465113300

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PARADELA DE ABELEDA

Lugar:

Paradela de Abeleda

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Fonte

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Fonte e lavadoiro 3

Descrición:

A feitura do corpo desta fonte é moi similar ó de outras dúas que se conservan en Paradela, a diferencia principal radica en que esta é de maior altura. A fonte consiste nun muro de pedra con remate semicircular. Nos extremos unhas pilastras que a partir duns simplificados e escalonados capiteis se proxectan nunha moldura dobre. Coroando todo o conxunto é probable que levase unha cruz ou un pináculo xa que ainda se conserva un pedestal onde iría embutido algún dos mencionados elementos. O cano polo cal se verte a auga non está no medio do corpo da fonte, senón que se atopa cara o lado esquerdo. A auga cae para unha pía de pedra transversal, dende aquí pasa para unha segunda pía lonxitudinal para decorrer por último ata o lavadoiro. O lavadoiro de forma rectangular, só presenta lousas de pedra inclinadas para lavar nun dos seus lados maiores. No muro da fonte unha inscrición aporta novas do ano no que foi realizada a obra, é o 1931 o mesmo có resto das que se conservan no núcleo.

volver a búsqueda