Conxunto canastros 43 a 48

mapa ficha

Referencia:

030032

Nomenclator:

3206202

Coord. UTM:

x: 59226200 y: 465104800

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PARADELA DE ABELEDA

Lugar:

Paradela de Abeleda

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Conxunto canastros 43 a 48

Descrición:

Conxunto de cinco canastros, dous deles mixtos e os restantes de madeira. Segundo a fotografía, o canastro da dereita está formado por dúas parellas de pés sobre os que descansas dúas mesas rectangulares. Este é o soporte que deixa paso á grade e seguidamente ó peche da cámara realizado nos lados costais mediante dous panos de doelas de madeira dispostas en posición horizontal. Esta solución é a adoptada para un dos lados penais, no outro colócase a porta de acceso, ainda que neste caso as doelas xa se dispoñen en sentido vertical. A porta está composta por dúas follas sobrepostas, a inferior de maior entidade cá superior. Na parte cental do pasaventos colócase uns soficos de madera para reforzar as padieiras. O corpo do canastro está moi inclinado cara un lateral, amenazando con desplomarse. Cuberta a dúas augas con tella curva.  Seguindo a fotografía, os canastros segundo e cuarto son os mixtos. O segundo é un hórreo de tamaño bastante considerable, consta de oito pés e catro mesas a modo de tornarratos, o cuarto sen embargo reduce en dous o número de esteos. As cámaras reservan a pedra para as estruturas e para as columnas que serven de separación entre os panos de doelas. En ambos casos os panos de balaustres dispóñense en posición vertical e quedan atravesados mediante faixas. As madeiras en ambos hórreos están pintadas de granate. Para as cubertas, emprégase no segundo canastro a solución da tella francesa, e no cuarto tella romana. O terceiro dos bens emprega como soportes tres parellas de esteos nos cales repousan outras tres mesas rectangulares con terminación circular nos seus lados menores. Sobre este entramado descansa o corpo do canastro, pechado nos lados costais mediante tres panos de doelas dispostas en posición vertical e atravesadas por faixas. Esta é a mesma solución empregada para un dos lados penais, xa que o restante é o reservado para a porta de entrada. A porta consta de dúas follas sobrepostas, a superior de menos tamaño cá inferior. Cuberta a dúas augas medinte tella curva. Por detrás do ben que se acaba de describir atópase o último canastro do conxunto, o cal consta de dúas parellas de pés enriba dos cales se colocan dúas mesas rectangulares. Os soportes deixan paso ó corpo do hórreo cerrado éste mediante doelas dispostas en posición horizontal e unidas interiormente a través de faixas verticais. Nun dos lados penais, o da porta de acceso, a estrutura cambia, e neste caso os balaustres dispóñense en posición vertical. Cuberta a dúas augas empregando tella curva.

volver a búsqueda