Par de canastros

mapa ficha

Referencia:

030031

Nomenclator:

3206202

Coord. UTM:

x: 59232100 y: 465111700

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PARADELA DE ABELEDA

Lugar:

Paradela de Abeleda

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Par de canastros

Descrición:

Parella de canastros de madeira, un deles formado por catro pés, dispoñéndose sobre dous deles unha mesa rectangular e sobre os outros dous outros tantos tornarratos con forma de roda. Este é o soporte que da lugar á cámara, pechada mediante doelas dispostas en posición vertical e atravesadas por faixas. Na parte inferior das cintas, uns balaustres colocados en diagonal serven de reforzo para a unión das doelas. Cuberta a dúas augas mediante tella curva, aínda que faltan algúns tramos da mesma. No segundo ben empréganse e modo de soportes seis esteos con outros tantos tornarratos de forma circular. O corpo do canastro presenta a mesma estructura do seu compañeiro, a excepción dos balaustres colocados en diagonal, que neste caso non se empregan. A cuberta tamén a base de tella curva, atópase faltosa deste deste material nalgúns dos seus tramos.

volver a búsqueda