Referencia: |
030028 |
Nomenclator: |
3206202 |
Coord. UTM: |
x: 59238500 y: 465102700 |
Concello: |
Porqueira |
Parroquia: |
PARADELA DE ABELEDA |
Lugar: |
Paradela de Abeleda |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Tres parellas de esteos de pedra de boa labra serven de apoio a outras tantas mesas rectangulares con terminación circular nos seus lados menores. Sobre este soporte álzase a cámara de madeira, pechada nos lados costais mediante catro panos de doelas dispostas verticalmente e unidas mediante cintas. Debaixo das cintas uns balaustres colocados en diagonal axudan a reforzar a unión entre as doelas. Nun dos lados penais adóptase o mesmo proceder, o outro lado queda reservado para a porta de entrada, neste caso non de madeira senón de aluminio. Cuberta a dúas augas con tella francesa.