Canastro 33

mapa ficha

Referencia:

030025

Nomenclator:

3206202

Coord. UTM:

x: 59215800 y: 465106600

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PARADELA DE ABELEDA

Lugar:

Paradela de Abeleda

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastro 33

Descrición:

Como solución para o soporte do corpo do canastro empréganse tres pares de esteos de diferentes tamaños para salvar o desnivel do terreno. Enriba das parellas de esteos dos extremos descansan sendas mesas rectangulares con terminación circular nos seus lados menores. Sobre cada un dos pés do medio un tornarratos de forma circular. Todo este complexo ten man da cámara, que se cerra nos lados costais mediante doelas dispostas en posición vertical e atravesadas por faixas. Como reforzo ás cintas súmanse unhas táboas colocadas en diagonal. Nun dos lados penais óptase pola mesma solución, no outro colócase a porta de entrada, porta de dúas follas sobrepostas, a superior de menor envergadura cá inferior. Cuberta a dúas augas de tella curva, aínda que xa faltan tramos da mesma.

volver a búsqueda