Conxunto de tres canastros

mapa ficha

Referencia:

030023

Nomenclator:

3206202

Coord. UTM:

x: 59219200 y: 465114300

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PARADELA DE ABELEDA

Lugar:

Paradela de Abeleda

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Conxunto de tres canastros

Descrición:

Conxunto de tres canastro de madeira, un deles de menor envergadura  cós outros restantes. O máis pequeno utiliza como soporte catro pés sobre os que se asentan outros tantos tornarratos de forma circular. Para o peche da cámara empréganse doelas de madeira colocadas en posición horizontal, esto tanto nos lados costais coma nun dos penais, o outro resérvase para a porta de acceso. Cuberta a dúas augas con tella curva. Atópase nun estado de conservación regular. No segundo inmoble do conxunto a cámara repousa sobre seis pés nos que descansan outros seis tornarratos en forma de roda. Dita cámara está realizada a base de doelas de madeira dispostas en posición vertical e unidas a través de cintas. Cúbrese con tella curva, aínda que faltan tramos da mesma xa que sobre o tellado avalánzanse as pólas dun castiñeiro que inciden neste feito. O último canastro consta de tres parellas de pés sobre as que descansan tres mesas rectangulares. Estes soportes teñen man da cámara, formada nos lados costais por tres panos de doelas separadas por columnas de madeira. As doelas colocadas en disposición vertical artéllanse a través de faixas. Esta mesma solución aplícase ós lados penais. Cuberta a dúas augas de tella curva. Atópase nun bo estado de conservación.

volver a búsqueda