Conxunto de tres canastros

mapa ficha

Referencia:

030022

Nomenclator:

3206202

Coord. UTM:

x: 59220300 y: 465116800

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PARADELA DE ABELEDA

Lugar:

Paradela de Abeleda

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Conxunto de tres canastros

Descrición:

Conxunto de tres canastros cunha disposición en forma dun "L". Un deles, o de menor tamaño conta con catro pés e outros tantos tornarratos con forma circular.Os peches da cámara a base de doelas de madeira dispostas en posición vertical utilízanse tanto nos lados costais coma nos penais. Para a cuberta de dúas augas emprégase tella francesa. O seu estado de conservación é regular. En disposición paralela co hórreo anterior consérvase outro algo maior, neste caso o soporte da cámara está formado por seis pés sobre os que se alzan outros tantos tornarratos en forma de roda. O corpo está formado nos lados costais por tres panos de doelas separados por columnas de madeira, as doelas dispóñense en posición vertical e únense a través de cintas. A cuberta, en lamentable estado de conservación, era a dúas augas e a base de tella curva. O último inmoble do conxunto está formado por tres pares de pés, sobre os pares dos extremos álzanse dúas mesas rectangulares e sobre as dúas columnas do medio outros tantos tornarratos de forma circular. Todo este complexo soporta unha cámara pechada nos seus lados costais e penais por doelas de madeira colocadas verticalmente e unidas a través de faixas, excepto o lado penal que se reserva para a porta de acceso. Cuberta a dúas augas con tella curva.

volver a búsqueda