Conxunto de tres canastros

mapa ficha

Referencia:

030018

Nomenclator:

3206202

Coord. UTM:

x: 59227200 y: 465118400

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PARADELA DE ABELEDA

Lugar:

Paradela de Abeleda

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Conxunto de tres canastros

Descrición:

Do conxunto destes tres canastros, o do medio é mixto, e os dos extremos son de madeira.  Os dos extremos en ambos casos empregan como soportes seis pés e outros tantos tornarratos en forma de roda, as cámaras péchanse a través de doelas dispostas en posición vertical e unidas a través de faixas. As cubertas son a dúas augas de tella curva. A cámara do hórreo do medio apóiase en tres pares de columnas, nas que se sobrepoñen tres mesas rectangulares. O esqueleto do corpo é de pedra e péchase nos lados costais mediante dous lenzos de doelas colocadas verticalmente. Nun dos lados penais óptase pola mesma solución, e o outro resérvase para a colocación da porta de entrada. Dita porta é de duas follas superpostas a inferior de maior envergadura cá superior. Enriba deste elemento un pinche cunha cartela onde se data a obra e se gravan as iniciais do propietario do ben. Cuberta a dúas augas con tella curva.

volver a búsqueda