Referencia: |
030013 |
Nomenclator: |
3206202 |
Coord. UTM: |
x: 59250900 y: 465135300 |
Concello: |
Porqueira |
Parroquia: |
PARADELA DE ABELEDA |
Lugar: |
Paradela de Abeleda |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
O soporte do corpo do canastro está formado por tres pares de columnas. Os dous pares dos extremos teñen man dunhas mesas de pedra rectangulares e as dúas columnas do medio sosteñen dous tornarratos en forma de roda. Este complexo deixa paso á grade, sobre a que se asenta o cerramento da cámara. Este pechamento está composto nos seus lados costais por tres paneis de doelas de disposición vertical e atravesadas por faixas. Esta mesma solución adóptase para os lados penais, un deles reservado para a porta de acceso. Dita porta está composta por dúas follas superpostas, a superior de menor entidade cá inferior. Cuberta a dúas augas de tella curva.