Muíño da Eiroá 7

mapa ficha

Referencia:

020131

Nomenclator:

3201202

Coord. UTM:

x: 603376 y: 4649253

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

BLANCOS, Os

Lugar:

Blancos, Os

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Muíño

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Muíño da Eiroá 7

Descrición:

Este muíño xunto co 8 responde a tipoloxía coñecida como muíños irmáns. Xeralmente os muíños son construcións autónomas pero dependendo das condicións do lugar pódense producir agrupamentos. Deste xeito, a auga procedente do inferno do primeiro vai pasando para a canle do segundo e así sucesivamente. Neste caso, a auga entraría na canle do muíño 7 procedente do inferno do muíño 8 que se atopa máis elevado no terreo.
 
Trátase dunha construción de planta rectangular, muros de cachotería con lumieira na entrada e cuberta a dúas augas, hoxe desaparecida. Na fachada, ao lado da lumieira presenta un sillar cun orificio. A cada lado da porta de acceso, adosouse nos muros un pequeno banco de granito. Na zona do  inferno contén o rodicio e a tofeira. O tremiñado atópase cuberto de maleza, sen conservar ningún elemento orixinal.
 
Para acceder a estes dous muíños hai que atravesar un pequeno regato, para salvalo existíu unha pontella de cachotería. Na actualidade só se conservan os seus arranques, a calzada desapareceu.

volver a búsqueda