Casa reitoral

mapa ficha

Referencia:

020128

Nomenclator:

3201204

Coord. UTM:

x: 605970 y: 4650983

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

COVELAS

Lugar:

Covelas

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Reitorais

Subtipo:

Casa Reitoral

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Indeterminado
Casa reitoral

Descrición:

En fronte da igrexa parroquial atópase a casa reitoral. Trátase dunha vivenda de perpiaño, con planta baixa e primieiro andar con cuberta de tella a catro augas. Na fachada principal hai unhas escaleiras de cachotería que dan acceso á zona de vivenda situada no primeiro andar. Está rodeada por un enorme muro de cachotería que alberga unha enorme finca. Nun dos laterais deste muro existe unha entrada cun enorme portalón.
 
Destacar a existencia dun enorme palomar circular nas fincas próximas á casa reitoral. Atopamos unha referencia a este palomar no libro 4.6.3. Carga me misas rectoral. Fol.74v., 1628. O abade Francisco Rodríguez que fora de Cobelas deixara por testamenteo en 1607 unha misa semanal nas casas que estaban xunto á igrexa. A estas engadiu Juan Rodríguez (abade) outras contiguas que lle costaron 600 ducados co palomar. Este palomar construíuse antes do 1628 con licencia do bispo Juan Venido.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
    COBELAS, Santa María.
         4.6.3. Carga de misas rectoral.

volver a búsqueda