Foxo de Pena Loba

mapa ficha

Referencia:

020127

Nomenclator:

3201203

Coord. UTM:

x: 599656 y: 4645588

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

COVAS

Lugar:

Covas

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de caza e pesca

Subtipo:

Foxo

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Indeterminado
Foxo de Pena Loba

Descrición:

Ubícase no monte de Pena Loba-O Cebreiro, monte que separa A Limia do Val de Salas, abranguendo a portela que se localiza entre o Cebreiro-Penedo das Fatigas e o Penedo León-Vela de Penalonga.
 
Estas construcións ideáronse para apreixar o lobo que dezmaba os rebaños. Case sempre sitúanse no seu paso natural; neste caso concreto corta camiños e corredoiras denominadas "Camiño do Lobo ou Carreira do Lobo".
 
A súa construción e mantemento levábase a cabo mediante traballo comunitario, participando a aldea enteira e o conxunto das parroquias da contorna.
 
O foxo é unha construción circular duns catro metros de diámetro, rodeado por un muro de cachotería e cunha pequena porta que, a súa vez, pechábase cunha pedra. Del saen dous muros, denominados sebes, construídos en mampostería sen morteiro, que primeiro formaban un estreito pasadizo separándose despois en dous ramais. O recinto do foxo atópase máis baixo, que o lugar circundante, para que unha vez dentro, o lobo non poida fuxir.
 
Tipoloxicamente trátase dun foxo de converxencia formado por dúas longas sebes de mampostería irregular disposta linealmente en seco, téndose en conta os afloramentos rochosos existentes
 
Os muros tiñan unha altura duns 2 metros e paredes grosas, coronadas con lousas planas, chamadas tapias ou capeas, que sobresaían cara adentro dificultando a saída da presa. O forte desnivel entre os muros extremos do foxo condiciona unha brusca pendente loxitudinal dos muros, ladeira abaixo, ao tempo que disminue a súa anchura ata rematar nunha construción circular denominada "O Foxo", cun diámetro de 8´50 metros. Na actualidade, non se conserva a  pequena porta de acceso. O muro nordeste alóngase case un kilómetro cun descenso moderado, mentres o muro suroeste de 500 metros descende bruscamente dende o Outeiro do Cebreiro (1267 metros de altitude).
 
Cando se detectaba a presenza de moitos lobos, incluso participaban as parroquias da chaira limiá. O sinal para comezar a batida das aldeas máis lonxanas facíase mediante fogueiras colocadas extratexicamente nos outeiros das montañas máis altas. Así prendían lume nas cuncas existentes nos penedos da Vela de Penalonga e a Vela de Pexeiros. Outra sinal par delimitar a boca do foxo por onde encamiñar ao lobo, era un pau moi alto con trapos no Outeiro do Cebreiro (coñecido na zona como Penedo Bandeira). Os veciños provistos de todo tipo de aparellos ruídosos ían dirixindo aos lobos cara o boqueiro do foxo. Os animais, escapando da xente e dos cans encamiñábanse monte abaixo cara o buraco, ao non ter volta atrás precipitábanse no pozo agochado con uces, fentos e xestas. Xa no foxo rematábanos a base de pedradas e aguilloadas. Rematada a batida organizábase unha gran festa de convivencia entre monteiros e veciños, con gaiteiros, baile e comida.
 
 
BIBLI0GRAFÍA:
-PÉREZ LÓPEZ, D."O home e o lobo. A eterna loita entre depredadores", en Lethes. Cuadernos Culturais do Limia, nº 8, 1999, pp.126-153.
 

volver a búsqueda