Xacemento O Castelo Vello

mapa ficha

Referencia:

020126

Nomenclator:

3201203

Coord. UTM:

x: 602301 y: 4645195

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

COVAS

Lugar:

Covas

Tipoloxía:

Arquitectura Defensiva

Tipo:

Torres

Subtipo:

Torre

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento O Castelo Vello

Descrición:

Dende o núcleo de Covas, seguir aproximadamente uns 200 metros pola estrada que leva a Penalonga, para desviarse á dereita no cemiterio parroquial. Continuar por esta estrada ao redor dun kilómetro para atopar xacemento a man dereita. Unha pista de terra bastante cuberta pola maleza desemboca na base deste outeiro rochoso.
 
Este xacemento tamén se atopa no cumio dun outeiro rochoso. Oriéntase cara o Norte estando protexido dos ventos do Sur por uns grandes penedos graníticos. Aparecen restos dos alicerces dun muro formado por enormes sillares de granito asentados sobre a rocha asi como rebaixes na rocha para asentar sillares e vigas de madeira. Correspondería con restos dunha torre que habría que poñer en relación cos outros tres xacementos próximos (Penedos da Raíña Loba, O cementerio e Outeiro da fraga) tamén situados en outeiros rochosos.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32012011.

volver a búsqueda