Xacemento O Cementerio

mapa ficha

Referencia:

020124

Nomenclator:

3201203

Coord. UTM:

x: 602280 y: 4645330

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

COVAS

Lugar:

Covas

Tipoloxía:

Arquitectura Defensiva

Tipo:

Torres

Subtipo:

Torre

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento O Cementerio

Descrición:

Dende o núcleo de Covas continuar pola estrada que comunica con Penalonga, transcurridos uns 700 metros tomar unha pista de terra á dereita. Tras percorrer aproximadamente un kilómetro, esta pista leva directamente á base do xacemento.
 
Este xacemento emprázase no cumio dun gran outeiro rochoso situado ao sur do Penedo da Reina Loba, denominado tradicionalmente polos veciños de Covas como O cementerio por aparecer alí gran cantidade de ósos.
 
A vexetación impediu realizar unha visita ao cumio do outeiro. A ficha da Xunta recolle que no cumio deste outeiro aparecen os alicerces dunha costrución de planta cuadrangular levantada con muros de mampostería de granito que se correspondería cos restos dunha torre medieval, estando relacionada co castelo rocheiro de Reina Loba. En superficie localizouse anacos de clara filiación medieval así como gran cantidade de ósos de animais.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32012009.

volver a búsqueda