Xacemento Penedos da Reina Loba/O Castelo Novo

mapa ficha

Referencia:

020123

Nomenclator:

3201203

Coord. UTM:

x: 602340 y: 4645417

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

COVAS

Lugar:

Covas

Tipoloxía:

Arquitectura Defensiva

Tipo:

Castelos Roqueiros

Subtipo:

Castelo Roqueiro

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento Penedos da Reina Loba/O Castelo Novo

Descrición:

Dende o núcleo de Covas continuar pola estrada que leva a Penalonga, transcurridos uns 700 m. coller unha pista de terra á dereita. Tras percorrer aproximadamente un kilómetro, esta pista leva directamente á base do outeiro rochoso onde se atopa o xacemento.
 
No cumio do outeiro rochoso máis alto deste macizo montañoso, coñecido polos veciños de Covas como Os penedos da Reina Loba ou O Castelo Novo, atópanse restos dun castelo medieval dos denominados Castelos rocheiros ou Niño de aguias. Localízanse diversos rebaixes para o asento de sillares e vigas de madeira
 
Na ficha da Xunta describe que nos penedos situados a nacente ubicábase a torre de homenaxe, así parece deducirse da interpretación de certos rebaixes na rocha. Na banda sur da mesma localizaríase un gravado con forma rectangular que se identifica como un taboleiro de xogo dos tipo tres en raia. É unha figura, algo descuadrada definida por tres cuadriláteros dispostos un dentro doutro, estando os centros dos lados unidos mediante catro surcos rectos. Nos penedos situados a poniente aparecen restos dun alxibe circular e gran cantidade de anacos de tella curva do país e restos cerámicos de clara filiación medieval, concentrados nun pequeno burato situado ao lado norte do mesmo. Na nosa visita somentes localizamos os rebaixes na rocha.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32012008.

volver a búsqueda