Xacemento O Marquiño M-2

mapa ficha

Referencia:

020121

Nomenclator:

3201203

Coord. UTM:

x: 600980 y: 4644300

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

COVAS

Lugar:

Covas

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Túmulos Megalíticos

Subtipo:

Túmulo Megalítico

Etapa Histórica:

Neolítico

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento O Marquiño M-2

Descrición:

Partindo dende o núcleo de Covas dirixirse ao fondo da veiga, en dirección sur, percorrendo unha pista de terra ao longo de 1800 m. A mámoa sitúase no fondo da veiga, nun pequeño aterrazamento na ladeira do monte Pedroso e moi preto do regato de Covas.
 
A ficha da Xunta recolle que confórmaa unha masa tumular de terra con gran cantidade de pedras de granito de mediano tamaño que poideran pertencer a súa coraza pétrea. Presenta as seguintes dimensións:
                        -eixe N-S: 15 m.
                        -eixe E-W: 16 m.
                        -altura 1,5 m.
 
Non conserva restos da súa cámara, presentando un burato de violación de 3 x 4 m. e unha profundidade de 0'30 m. Neste momentos, a vexetación cúbrea totalmente non podendo constatar estes datos.
 
Este túmulo formaría parte dunha pequena necrópole constituída por catro mámoas alineadas, dúas pertencentes á parroquia de Covas,Concello de Os Blancos e as restantes sitúanse no limítrofe Concello de Baltar, concretamente en Tosende.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32012002.

volver a búsqueda