Xacemento O Marquiño M-1

mapa ficha

Referencia:

020120

Nomenclator:

3201203

Coord. UTM:

x: 600995 y: 4644360

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

COVAS

Lugar:

Covas

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Túmulos Megalíticos

Subtipo:

Túmulo Megalítico

Etapa Histórica:

Neolítico

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento O Marquiño M-1

Descrición:

Dende o núcleo de Covas dirixirse ao fondo da veiga, en dirección sur, percorrendo unha pista de terra ao longo de 1800 mts. A màmoa emprázase no fondo da veiga, nun pequeno aterrazamento na ladeira do monte Pedroso e moi preto do cauce do regato de Covas.
 
A ficha da Xunta recolle que dita mámoa constitúese por unha pequena masa tumular de terra na que se poden apreciar gran cantidade de pedras de granito de mediano tamaño, podendo pertencer a súa coraza. As súas dimensións son:
                       -eixe N-S: 11m.
                       -eixe E-W: 12 m.
                       -altura: 0,50 m.
 
Non conserva restos da súa cámara, presentando un burato de violación de 2 x 2 m. e unha profundidade de 0,20 m. Non se puideron constatar estes datos, debido a que a vexetación cúbrea na súa totalidade.
 
Formaría parte dunha pequena necrópole formada por catro mámoas alineadas, outra pertencente a Covas e as outras dúas ao limítrofe concello de Baltar.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32012001.

volver a búsqueda