Xacemento Avilleira

mapa ficha

Referencia:

020116

Nomenclator:

3201204

Coord. UTM:

x: 605048 y: 4651863

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

COVELAS

Lugar:

Vilar de Covelas

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Vilas

Subtipo:

Vila

Etapa Histórica:

Época Romana

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento Avilleira

Descrición:

Saíndo de Vilar de Covelas, tomar á esquerda unha pista da concentración parcelaria que conduce ata unha granxa; a uns poucos metros atópanse as fincas denominadas Avilleira.
 
O lugar de Avilleira, sitúase na altiplanicie que serve de divisoria entre o río Limia e o Mouril. Na prospección arqueolóxica do 98, non se localizou ningún resto material. Ademais, os cortes efectuados para a realización das pistas da parcelaria tampouco amosaron vestixios arqueolóxicos.
 
Segundo a ficha da Xunta, as informacións dadas polo párroco de Covelas, D. Xosé, apuntan a existencia dun xacemento coa aparición na finca de D. Eulogio Castro de moas de muíño, tégulas e cerámica. Estos materiais depositarónse no Museo dos Milagros do Monte Medo de Maceda.
 
Na ficha da Xunta, tamén o adscribe á época medieval.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32012ACH3

volver a búsqueda