Xacemento do Castro / Outeiro de Almeide

mapa ficha

Referencia:

020115

Nomenclator:

3201206

Coord. UTM:

x: 60746406 y: 465053599

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

NOCEDO

Lugar:

Nocedo

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Castros

Subtipo:

Castro

Etapa Histórica:

Idade do Ferro

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento do Castro / Outeiro de Almeide

Descrición:

Partindo de Xinzo de Limia pola estrada local que conduce a Baltar, desviarse a man dereita na aldea de Laroá á altura do P.K. 6.750, por unha pista da concentración parcelaria. Percorrendo ao redor dun kilómetro chégase á base do castro.
 
Este xecemento emprázase nun outeiro situado no nacemento das estribacións montañosas que rematan na aldea de Covelas. Ten óptimas condicións defensivas naturais, nos lados N, S e E. O castro de reducidas dimensións foi identificado no ano 1991 como resultado da prospección arqueolóxica levada a cabo por Nieves Amado, Isabel González e Cristina Varela. Goza dunha boa visibilidade do contorno, sobor de todo cara ó sueste. Está formado por dous recintos, o superior de forma elíptica protexido por un terraplén e foxo, máis acusado cara ó norte onde o desnivel do terreo é menor. Na parte superior deste terraplén advírtese unha liña de pedras que posiblemente formarían parte da estrutura da muralla que na metade leste arrinca engrosándose e descende englobando o recinto inferior ata conectar seguramente coa parte contraria, aínda que nesa zona pérdeselle o rastro. Boa parte da zona sur está ocupada polo rochedo aflorante. No recinto non se aprecia grande cantidade de material en superficie, quizais debido ó espeso matorral, mentres que no ano 1991 como recolle a ficha de Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia eran abundantes os fragmentos de cerámica común romana e restos de tégula.
 
Hai que destaca-la aparición nas inmediacións do castro a aparición dun fragmento de escultura de guerreiro castrexo.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32012004.

volver a búsqueda