Ermida das Fontelas/da Nosa Señora da Asunción

mapa ficha

Referencia:

020086

Nomenclator:

3201206

Coord. UTM:

x: 607717 y: 4649796

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

NOCEDO

Lugar:

Nocedo

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Renacentista
Ermida das Fontelas/da Nosa Señora da Asunción

Descrición:

Ubícase no lugar denominado As Fontelas, á beira da estrada comarcal que une  Xinzo de Limia con Baltar, aproximadamente no p.k. 8.100. Aparece illada nun prado, próxima aos diferentes mananciais dos que toma o seu nome.
 
Presenta planta rectangular, destacando a súa ábsida de menores dimensións en planta e alzado. A cuberta a tres augas é de tella do país.
 
Na súa cara exterior a ábsida presenta perpiaño ben concertado e liso, con restos de encintado. Como remate unha nacela sinxela sirve de soporte ao tellado. Na parede sur, o máis saliantable é unha pequena fiestra rectangular con amplo derrame interior.
 
Na fábrica construtiva da nave distínguense aparellos diversos:
 - un primeiro tramo, tras a ábsida, de mampostería irregular
 - un segundo, de perpiaño ben concertado, conforma o tramo final da nave, serve como soporte da espadana e pecha a nave conformando a súa fachada norte.
 
Esta espadana lateral con arco de medio punto alberga unha campá e atópase coroada cunha cruz flanqueda por pináculos piramidais.
 - mantendo a alineación anterior,engadiuse un terceiro tramo de sillería irregular e mampostería, que configura un pequeno adro cuberto.É a actual fachada principal do templo. A súa cronoloxía, é claramente posterior ao todo o conxunto.
 
En fronte dela, hai unha cruz florenzada sobre capitel moldurado que descansa sobre un varal de sección cuadrangular con escaso desenrolo e pedestal de forma cúbica de tosca labra.
 
No ano 1990 descubríronse unha serie de murais renacentistas nos seus muros interiores.
 
No libro 4.10.8. De NOCEDO hai unha serie de referencias a dita ermida:
 Fol.24v. Visita 11 Xuño 1679.
 "Ay una hermita de nuestra señora no tiene renta esta con decencia".
 Fol.33v. Visita 30 xullo 1687.
 "ay una ermita de Nuestra señora de fontelas esta con decencia".
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha S.I.A.A.E. Ministerio de Cultura.
-FARIÑA BUSTO, F. e BARRIOCANAL LÓPEZ, Y. Informe sobre a Ermida das Fontelas. Ourense, 24 de maio de 1990.
-La Región. Jueves, 10 mayo de 1990. Descubren un mural renacentista al limpiar la ermita de Fontelas.
-A.H.D.OU.
    NOCEDO (Anexo de SANTA MARÍA DE COVELAS).
         Libro 4.10.8

volver a búsqueda