Igrexa parroquial de Santa María

mapa ficha

Referencia:

020082

Nomenclator:

3201205

Coord. UTM:

x: 604530 y: 4648176

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

GUNTÍN

Lugar:

Pexeirós

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Igrexa parroquial de Santa María

Descrición:

Ubícase no lugar denominado O alto do pueblo. Presenta planta rectangular, coa sancristía á dereita e presbiterio máis baixo e estreito. A súa fábrica constructiva é perpiaño con cuberta de tella do país a dúas augas.
 
Na fachada principal ábrese unha portada de arco de medio punto con grandes doelas. A espadana de arco de medio punto alberga unha campá. Remata cun  arquiño interior flanqueado por pináculos piramidais e coroado por unha cruz. No libro 4.8.7 de GUNTÍN aparecen unha serie de datos sobre a reedificación do campanario:
 fol.60v. O recolectado de primicias nos anos 1664-1668  entregouse na súa maior parte aos canteiros que fixeron o campanario.
 Fol.60v. "en catorce de deciembre de mil seiscientos y sesenta y ocho; por estar caydo el campanario de la yglesia de Santamaria de pejeyroos parroquial desta feligresia aviendose sacado el año antecedente licençia para acello del Ilustrisimo señor don francisco... Se concerto a açer con un maestro de cantearia llamado Thome en quatroçientos y setenta y ocho Reales y dos anegas de pan y despues por aver faltado a algunas calidades del contrato se le hizo quita de seis ducados con lo que se le dio fueron quatroçientos y diez Reales y las dos fanegas de pan ...".
 Fol.61v. "Francisco de Santiago a quenta de ochenta y siete Reales que devia a la yglesia dio siete Reales a un cantero que vino a concertar el campanario y comenzo a picar algunas piedras y despues se fue y no aparecio mas ...".
 Fol.62. Visita 18 de Agosto de 1669. "... Estan las quentas ajustadas y bajado el balor de conste del campanario que se hico por aberse caydo una noche de tempestad...".
 
Existe unha porta con lumierira na fachada lateral esquerda. Todo o conxunto rodéase por un muro, albergando o camposanto; en tramos é de cachotería agás na entrada que o conforma a parte traseira dos panteóns.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
 -Inventario del patrimonio arquitectónico de interés histórico artístico. Ministerio de Cultura.
 -A.H.D.OU.
 GUNTÍN
 Libro 4.8.7

volver a búsqueda