A Fonte

mapa ficha

Referencia:

020070

Nomenclator:

3201204

Coord. UTM:

x: 604844 y: 4651007

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

COVELAS

Lugar:

Vilar de Covelas

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Fonte

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
A Fonte

Descrición:

Atópase embutida no muro de cachotería que circunda a Capela de San Miguel, no lugar da Lamela. Trátase dunha fonte de manancial, con arco de medio punto coas doelas irregulares. Na parte inferior ten un rebaixe para a saída da auga. Na súa entrada colocouse unha porta de forxa, como protección.
 
Sufríu diversas alteracións ao longo do tempo. O lavadoiro que tiña en fronte desapareceu. Haberá, aproximadamente, uns dez anos, mudou a súa estrutura orixinal ao elevarse o muro de cachotería que pecha a Capela de San Miguel.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Inventario del patrimonio arquitectónico de interés histórico artístico. Ministerio de Cultura.

volver a búsqueda