Pazo/ Casa dos Arrojo ou Altamirano

mapa ficha

Referencia:

020067

Nomenclator:

3201204

Coord. UTM:

x: 604868 y: 4650863

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

COVELAS

Lugar:

Vilar de Covelas

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Pazos

Subtipo:

Pazo

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Pazo/ Casa dos Arrojo ou Altamirano

Descrición:

Ubícase na marxe dereita da estrada que comunica Vilar de Covelas cos Blancos. Presenta planta rectangular con torre cuadrangular nun dos ángulos, patio interior non inscrito e pechado cun portalón con porta adintelada rematada cunha cornixa de gola e con beirado de madeira. Sobre a lumieira aparece un escudo que presenta as armas dos Altamirano.
 
A fachada principal orientase ao norte. Presenta unha solaina, hoxe en parte transformada en galería, con dobre escalinata, cuberta cun gran beirado de madeira sostido por columnas seudodóricas, moi esbeltas que só se conservan no ángulo que forman coa fachada oeste, onde continúa a solaina. O soporte do beirado e a varanda forman todo un macizo. Os vanos desta fachadas son rectangulares, e como elemento decorativo leva un escudo de armas decorado con cimeira.  
 
No ángulo das fachadas O e S emplázase a torre de planta cadrada con ventás rectangulares, que ten adosada un garitón ou forte, desde o arranque da parede ata o comezo do piso máis alto, que ten unha altura máis co resto. O forte presenta seteiras con única abertura. A fachada é sinxela, con vanos rectangulares colocados a diferentes alturas.
 
A construción consta de planta baixa e primeiro andar, agás a zona da torre con dous andares. A planta baixa destinábase para uso agrícola e gandeiro (palleiras, cortellos); hoxe en día en desuso ou reutilizados como garaxe. Os restantes andares albergan as dependencias habitacionais.
 
O material empregado nos muros é perpiaño, encintado en case que toda a fábrica, e rematados cunha cornixa de gola. Existen tramos nos que se utiliza a cachotería. Presenta cuberta de tella do país a catro augas; ao igual ca na torre que está coroada con pináculos piramidais de bola.
 
Ten unha enorme finca ao seu redor pechada cun muro de cachotería. Nela consérvase un pozo rectangular descuberto realizado en perpiaño. Ao facerse a estrada que comunica Vilar de Covelas con Os Blancos, esta finca quedou divida en dúas parcelas.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-RIVERA RODRÍGUEZ Mª T; Los pazos orensanos. Caja de Ahorros Provincial de Orense, 1981.
-GARCÍA IGLESIAS, J.M., Pazos de Galicia. COAG-Xunta de Galicia.

volver a búsqueda