Igrexa parroquial de Santiago

mapa ficha

Referencia:

020052

Nomenclator:

3201203

Coord. UTM:

x: 601398 y: 4645921

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

COVAS

Lugar:

Covas

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Renacentista
Igrexa parroquial de Santiago

Descrición:

Igrexa de planta rectangular, dunha soa nave, realizada en perpiaño e con cuberta a dúas augas con tella do país. A zona do presbiterio é máis elevada, de planta cuadrangular e cuberta a catro augas decorada cun pináculo de bola.
 
Na fachada principal ábrese unha porta de arco de medio punto con grandes doelas. No paramento xusto debaixo da espadana, inscripción e óculo central flanqueados por pináculos, un deles remata cunha forma bulbosa. A espadana presenta dous arcos de medio punto moldurados ocupados por cadansúa campá, cos pilares decorados con casetóns. Na súa base esquerda aparece un reloxio de sol. Termina cunha forma triangular decorada cun arco de medio punto abucinado, flanqueado por dous pináculos piramidais rematados cunha forma bulbosa, e decorado cunha cruz.
 
Na fachada lateral esquerda encóntrase unha porta adintelada con lumieira con inscrición, preto un sillar do paramento contén unha inscrición numérica. Na zona do presbiterio,un vano rectangular abucinado decorado na parte superior cunha  motivo de venera. Xusto enriba, ten un escudo labrado (libro 4.5.6, fol.36v., 1752. Obra do mestre de cantaría Domingo Antonio Gonzalez, o escudo, lousado da igrexa, cal e pirámides da fronteira, obra feita por unha condoación de deuda do Duque de Huescar). Na esquina entre a fachada principal e o lateral dereito encóntrase un canzorro.
 
Esta construción delimítase cun muro de cachotería orixinal agás na parte traseira. Ten dúas entradas allbergando á propia igrexa e o camposanto parroquial.
 
A súa ubicación actual non é a orixinaria. No libro 4.5.4 de Visitas, fol.17v., 1712 " y respecto estar tan distante del lugar y en parte que por su retiro puede ser robada manda su Ilustrísima que el abad la traslade al lugar de Cobas". Sen fol (ó final do libro 4.5.6),1751. Pedimento dos veciños para que se poida traslada-la igrexa do monte cara o poboado no sitio que ocupaba a capela de San Antonio e para iso se empreguen 2000 rls que deben ó Conde de Monterrey. Fol. 37, 1746 "las trece tegas de centeno que dio para la composicion de la capilla del Glorioso San Antonio de Padua, en donde se fundo la Yglesia nueba". Fol.37v., 1752 "991 rls que se incorporaron con los 2000 que dio el Duque de Huescar para la traslacion y fabrica de la yglesia nueba".
 
 COBAS, Santiago
 4.5.6 Primicias (1681-1856).
 Fol. 12, 1695 "A los pedreros que empedraron el coro".
 Fol. 22v. 1722 "se gasto en losar el coro y componerle de gradas y añadirle cinco sepulturas 38 rls
                          se gasto en abrir una ventana en la capilla mayor 4 rls y tapar la otra que estaba muy vaxa".
 Fol.29, 1746 "se gastaron trece tegas (de pan) en la obra que se hizo en la hermita del glorioso san Antonio".
 Fol.36v. 1752 Obra do mestre de cantaria Domingo Antonio Gonzalez por pedra de armas, lousado da igrexa, cal e pirámides da fronteira, obra feita por unha condoacion de deuda do Duque de Huescar.
 Fol.37, 1746 "las trece tegas de centeno que dio para la composicion de la capilla del Glorioso San Antonio de Padua, en donde se fundo la Yglesia nueba"
 Fol37v., 1752 "991 rls que se incorporaron con los 2000 que dio el Duque de Huescar para la traslacion y fabrica de la yglesia nueba".
 Fol.39, 1752-62 "para hacer el sagrado (que no le avia) puso la fabrica de la Yglesia 225 rls.
 Fol.72, 1856. Visita "tan luego como haya fondos disponibles se vera como adquirir terreno para ensanchar el atrio y construir la sacristia"
 Sen Fol. (ó final do libro), 1751. Pedimento dos veciños para que se poida traslada-la igrexa do monte cara o poboado no sitio que ocupa a capela de San Antonio e que para iso se empreguen 2000 rls que deben ó Conde de Monterrey.
 
 4.5.4. Visitas (1668-1722)
 Fol.17v.1712 "y respecto estar tan distante del lugar y en parte que por su retiro puede ser robada manda su Ilustrísima que el abad la traslade al lugar de Cobas".
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Inventario del patrimonio arquitectónico de interés histórico artístico. Ministerio de Cultura.
-A.H.D.OU.
  COBAS, Santiago
    4.5.4. Visitas (1668-1722).
    4.5.6. Primicias (1681-1856).

volver a búsqueda