Igrexa parroquial de San Breixo

mapa ficha

Referencia:

020040

Nomenclator:

3201202

Coord. UTM:

x: 603349 y: 4650728

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

BLANCOS, Os

Lugar:

Blancos, Os

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Igrexa parroquial de San Breixo

Descrición:

Esta construción ubícase no lugar denominado A Igrexa. Realizada en perpiaño, presenta planta rectangular dunha soa nave co presbiterio máis estreito e sancristía no lado esquerdo. A cuberta é de tella do país a dúas augas.
 
Na fachada principal ábrese unha porta adintelada con lumieira, enriba ten unha inscrición numérica. Remata cunha espadana de dous corpos. O inferior con dous arcos de medio punto flanqueados por pináculos piramidais rematados en bola; mentres co superior cun arco de medio punto coroado por dous pináculos de bolas nos extremos e cruz florenzada no medio.
 
Na fachada lateral esquerda localízanse dúas entradas adinteladas con lumieira: entre elas hai tres vanos rectangulares de diferente tamaño e altura. Na parte traseira ábrese un vano rectangular.  
 
Este templo aparece circundado por un muro de perpiaño, albergando no adro o cemiterio. Nun dos lados deste muro apoiase un peto de ánimas.
 No fol.18v.,1583 do 4.6.10 " de la hermita de san breiximo repare la dicha hermita".
 Fol.58v., 1620. Visita "que se reparase a ermida do san Breximo, y en defecto de no se cierre y se traygan las ymagenes a esta yglesia".
 No 4.6.11, fol.60v, 1679. Visita "Ay dos hermitas una de san Breyxemo y otra de san Miguel estan con decencia".
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Inventario del patrimonio arquitectónico de interés histórico artístico. Ministerio de Cultura.
-A.H.D.OU.
   COBELAS, Sta María de Vilar.
       4.6.10. Visitas (1578-1625). Fábrica (1567-1596).
   COBELAS, Santa María
       4.6.11. Visitas (1634-1750). Fábrica (1628-1777).

volver a búsqueda