Capela de San Salvador

mapa ficha

Referencia:

020039

Nomenclator:

3201201

Coord. UTM:

x: 600057 y: 4649241

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

AGUÍS

Lugar:

Mosteiro, O

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Románico
Capela de San Salvador

Descrición:

Ubícase no lugar coñecido como O Curro. Trátase dunha edificación de planta rectangular realizada en perpiaño. Encóntrase semiderruída e abandonada. A cuberta desapareceu na súa totalidade.
 
Na fachada principal consérvanse a xamba dereita e parte do arranque do arco. Nos laterais os paramentos aparecen coroados por unha cornixa .No muro lateral esquerdo apréciase unha ruptura constructiva: ao paramento orixinal adosóuse un muro de cachotería con cornixa plana. Nas súas inmediacións aparecen restos do seu propio derrubamento.      
 
Segundo os veciños, nesa capela oraban uns frailes ou/e monxas que vivían nas vivendas próximas. Ao reformar algunhas destas casas apareceron tumbas con restos humanos, algunhas con vestimentas eclesiásiticas. Haberá uns setenta anos, habitou nela unha familia xunto cos seu animais, xa que atravesaban unha situación precaria. Finalmente pasou a palleira. Na actualidade atópase abandonada. Haberá uns catro anos roubaron a portada da entrada.
 
Na ficha do xacemento da Aira do curro/Capela de San Salvador do Inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia, coa clave de identificación: GA32012005, aparece unha foto da capela antes de sufrir o roubo da portada.
 
Cítase no Libro de Fábrica 4.2.13, no fol 7v. 1679. Visita. "Ay tres hermitas una de san juan y otra de San Antonio y otra de San Salvador".
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
  AGUÍS, San Martiño.
     4.2.13. Libro de Fábrica (1682-1769).

volver a búsqueda