A Barrosa

mapa ficha

Referencia:

020037

Nomenclator:

3201201

Coord. UTM:

x: 599824 y: 4648911

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

AGUÍS

Lugar:

Mosteiro, O

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Vivendas

Subtipo:

Casa Vivenda

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
A Barrosa

Descrición:

Partindo da Fonte de O Mosteiro, hai que baixar e tomar o primeiro desvío á dereita. Continuar por unha pista asfaltada e no primeiro camiño de terra situado á dereita subir uns vinte metros. Este lugar denomínase A Barrosa. Confórmano un grupo de cinco ou seis vivendas de planta baixa rectangular, realizadas en cachotería con lumieira na porta e cuberta a dúas augas con tella do país. Era o núcleo poboacional orixinal, anterior a O Mosteiro. Abandonouse fai uns cincuenta anos, por mor da masiva emigración dos anos 60.
 
A maior parte delas non sufriron ningún tipo de alteración. Só unha ten adosada unha estrutura de ladrillo recuberto con cemento e pintado de branco coa cuberta de fibrocemento.
 
No libro 4.11.12 de Pexeiros, Santa Maria no fol.72v, 1769 aparece unha referencia deste lugar "de un atril o facistol que mande hazer a Domingo Carvallo maestro carpintero vecino de la Barrosa"
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
   PEXEIROS, Santa María.
      4.11.12. Visitas (1679-769). Fábrica (1679-1829).

volver a búsqueda