Peto de Ánimas

mapa ficha

Referencia:

020019

Nomenclator:

3201201

Coord. UTM:

x: 601393 y: 4649006

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

AGUÍS

Lugar:

Loureses

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Petos de Ánimas

Subtipo:

Peto de Ánimas

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Peto de Ánimas

Descrición:

Localízase no lugar coñecido como O Santo, nas inmediacións á Capela de San Antón, o cruceiro e a Cruz de San Antón. A fachada presenta un corpo delimitado no fronte por dúas pilastras, con motivos de placas como capiteis; fornela de medio punto sobre repisa con moldura plana e superposición de placa ata o chan; cornixa moldurada na zona das pilastras e fornela, mentres que nos espazos intermedios está sen labrar. Como remate do conxunto aparecen dous pináculos piramidais flanqueando unha cruz central florenzada sobre pedestal. Na parte traseira ten unha inscrición.
 
Os veciños contan que entre o peto e o cruceiro, "había unhas pedras ao redor cunha trabe de ouro e outra de fogo".
 
No libro de Barriocanal López descríbese sobre pesdestais, neste momento non se aprecian.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:    
-BARRIOCANAL LÓPEZ, Y;  Arte popular. Los petos de ánimas. Boletín Auriense, Anexo 3, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, Ourense 1985.

volver a búsqueda