Ermida de San Antón

mapa ficha

Referencia:

020018

Nomenclator:

3201201

Coord. UTM:

x: 601376 y: 4649012

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

AGUÍS

Lugar:

Loureses

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Ermida de San Antón

Descrición:

Ubícase no lugar denominado O Santo, preto do cruceiro, o peto e a Cruz de San Antón. Realizada en perpiaño, consta dunha soa nave con cuberta de tella do país a catro augas.
 
A fachada defínese cun  pórtico de seis columnas con basa e capitel con equino e ábaco. Na cara interior do pórtico hai un banco corrido e o espazo restante, sen ningún tipo de separación, destínase para uso relixioso. No lateral esquerdo, no paramento parece que existíu outro acceso hoxe macizado. Xusto enriba encóntrase a espadana de arco de medio punto con remate triangular agudo cunha cruz, que descansa sobre un pedestal rectangular de enorme desenrolo. Na cornixa do lateral esquerdo apréciase unha ruptura constructiva. Toda é igual agás na zona da espadana, que presenta peor acabado e sobresae da súa liña con respeto aos outros dous tramos. Todo isto leva a pensar que tanto a espadana como o paramento que ten xusto debaixo son posteriores, á propia ermida. Ten unha inscrición ilexilble no muro e outra na cornixa.
 
Cítase no  4.2.13.Libro de Fábrica, no fol.7v. 1679. Visita. "Ay tres hermitas una de san juan y otra de San Antonio y otra de San Salvador".
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Inventario artístico. Ministerio de Cultura.
-A.H.D.OU.
   AGUÍS, San Martiño.
      Libro de Fábrica 4.2.13 (1682-1769).

volver a búsqueda