Ermida de San Xoán Bautista

mapa ficha

Referencia:

020017

Nomenclator:

3201201

Coord. UTM:

x: 599614 y: 4648577

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

AGUÍS

Lugar:

Fonte Arcada

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Ermida de San  Xoán Bautista

Descrición:

Esta ermida emplázase nun pequeno outeiro denominado O santo ou/e O San Juan. Realizada en perpiaño. Presenta planta rectangular e cuberta a dúas vertentes con tella do país. Na fachada ábrese unha porta adintelada con lumieria cun vano rectangular a cada lado. Remata con espadana de arco de medio punto, que alberga unha campá, e coroada cunha cruz. No outro extremo da cuberta hai outra cruz similar. Nos laterais obsérvase unha ruptura construtiva do paramento, que fai pensar que orixinariamente existía un pórtico.
 
Cítase no Libro de Fábrica 4.2.13 , no fol.7v .1679. Visita. "Ay tres hermitas una de san juan y otra de San Antonio y otra de San Salvador". No Libro de cuentas hermita de San Juan no fol.2v.1764-80 "hizose campanario costo 52 rls", "composicion cabildo 28 rls", "costo el caliz de San Juan de fuentearcada 17 ducados y 6 rls" e no fol. 22v, "120 rls para retocar el santo y blanquear la capilla que dio al pintor de Ninodeaguia".
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Fichas S.I.A.A.E. Ministerio de Cultura.
-A.H.D.OU.
    AGUIS, San Martiño
       4.2.13. Libro de Fábrica (1682-1769).
       4.2.9. Libro de cuentas hermita San Juan (1719-1840).

volver a búsqueda