Cruceiro de Fonte Arcada

mapa ficha

Referencia:

020013

Nomenclator:

3201201

Coord. UTM:

x: 599647 y: 4648136

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

AGUÍS

Lugar:

Fonte Arcada

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Cruceiros

Subtipo:

Cruceiro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Cruceiro de Fonte Arcada

Descrición:

Este cruceiro ubícase no lugar denominado O Campo. Descansa sobre plataforma con dous chanzos, pedestal rectangular coas arestas redondeadas apoiado sobre catro pés en forma de esferas de granito. O varal de sección cuadrangular en ámbolos dous extremos presenta forma octogonal no tramo central. O sinxelo capitel cuadrangular remata nunha cruz de sección cuadrangular. No eixo de intersección dos brazos da cruz decórase en cadanseu ángulo cun cuarto de círculo. Trátase dunha cruz céltica, moi inusual nos cruceiros.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-FERNÁNDEZ RAMOS, L. e FERNÁNDEZ RAMOS, C., "Dos cruceiros peculiares en la provincia de Ourense", en Boletín de Estudios del Seminario "Fontán-Sarmiento, nº 14, Santiago de Compostela, 1993, pp. 101-102.

volver a búsqueda