Forno do Outeiro

mapa ficha

Referencia:

020010

Nomenclator:

3201201

Coord. UTM:

x: 599877 y: 4648346

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

AGUÍS

Lugar:

Fonte Arcada

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Forno

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Forno do Outeiro

Descrición:

No lugar denominado O Outeiro, atópase este forno comunal. Presenta estrutura rectangular e cuberta a catro vertentes con tella do país. Realizado en cachotería, con lumiera na porta.
 
O seu interior alberga un único espazo. O tendal  feito en granito e cuberto de palla para estirar a masa de pan antes da súa cocción. A capela de planta rectangular, presenta ladrillo refractario no interior mentres que no exterior cachotería.  Xusto debaixo, a fornalleira (denominación utilizada aquí para designar á borralleira), tamén de cachotería .
 
Conserva os útiles empregados para a cocción: a pá, para meter e sacar o pan; o barredoiro de xestas para limpar o forno a medida que se vai cocendo; "estropajo", pau recuberto cun trapo que se pasa xusto antes de meter o pan; o rodo utensilio metálico, como un rastrillo sen dentes, para mover o pan.   
 
Cada quince días uns veciños utilízano para facer pan. Ao pechar o forno, cheo de masa preparada para a súa cocción, din: "Dios aumente o pan no forno e o ben no mundo enteiro", facendo unha cruz mirando para a súa porta. Elaboran unha ampla variedade de tipos de pan: a "bica rapeira" que non contén levadura, as bicas, bolas aplastadas que case todo é codia, os "pas" que son bolas e a "panocha" que é unha barra.

volver a búsqueda