Casa reitoral

mapa ficha

Referencia:

020003

Nomenclator:

3201201

Coord. UTM:

x: 601048 y: 4648638

Concello:

Os Blancos

Parroquia:

AGUÍS

Lugar:

Aguís

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Reitorais

Subtipo:

Casa Reitoral

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Casa reitoral

Descrición:

Ubícase no lugar coñecido como O Diestro, en fronte da igrexa parroquial. É de cachotería, con lumieira na porta e cuberta de tella do país a tres vertentes. A planta baixa destínase a uso agrícola-gandeiro mentres que o primeiro andar é a zona de vivenda.  Ao seu redor ten unha horta, delimitada por un muro, tamén de cachotería, con dúas portas de acceso de diferente tamaño, con lumieira . A máis pequena serve para acceder á vivenda, mentres que a de maior tamaño, cunha pequena cuberta de tella a dúas augas, para entrar na horta. Esta sería a fachada principal.
 
Aparece citada no Libro de Fábrica 4.2.13, no fol.5. 1679. "Una casa de morada con su corral". Volve aparecer no fol.32. 1687. Visita. "la Cassa está mal reparada por no avitar el Abad en ella".
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
  AGUÍS, San Martiño
     4.2.13. Libro de Fábrica (1682-1769).

volver a búsqueda