Xacemento Santo Adrao

mapa ficha

Referencia:

010239

Nomenclator:

3200502

Coord. UTM:

x: 605773 y: 4643824

Concello:

Baltar

Parroquia:

BALTAR

Lugar:

Baltar

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Necrópoles

Subtipo:

Necrópole

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento Santo Adrao

Descrición:

Dende Baltar, coller a nova estrada que comunica con Portugal denominada "A Fronteira" e seguila uns 1500 metros. Trátase dun pequeno outeiro atravesado por esta estrada.
 
As referencias dos veciños sitúan a aparición de restos de tumbas no momento da construción da estrada actual cara a Portugal, que pasa polo medio do xacemento. As súas descripcións foron moi vagas, refírense a elas coma "en forma de pías", polo que leva a pensar que se trataría de sartegos escavados na rocha. Tamén falan da existencia dunha serie de casas e unha capela en honor a San Adrián. A imaxe que na actualidade existe na ermida da Asunción procedería deste lugar. Atopáronse toda unha serie de referencias desta capela no traballo de arquivo así no:
 libro  4.3.8. BALTAR:
 fol. 19. Visita do 13 de Outubro de 1712. Cítanse e capelas "... La una de santa María dos montes la otra de San Adrián y la otra de San Martín..."
 fol.44. Visita do 7 de Xuño de 1764. "... Ay también otra Hermita de Nuestra Señora de los Montes y otra de San Adriano..."
 fol.56. Visita do 29 de Setembro de 1830. "Y por cuanto la capilla de San Adrián está arruinada, recoja el párroco la teja y mas que huviere para la yglesia".
 
Localizáronse rebaixes rectilíneos na rocha. Na ficha da Xunta describen unha "pía" circular escavada nun dos afloramentos, xunto con outra "pía" de forma ovalada, que se encontra amontoada xunto con terra e outros restos nun dos extremos da finca, como producto das remodelacións da parcelaria. Na nosa revisión non se atoparon.
 
No Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense depositáronse un total de 8 anacos procedentes deste lugar. Hai unha única peza lítica, correspondente a unha laca ou posible microlito en sílex. Dos sete anacos de cerámica, a maioría son de adscripción indíxena ou castrexa, mentras que dos outros, cando menos un deles, podería corresponder coa etapa medieval. Esta última podería corresponder coas referencias á aparición de tumbas na rocha.
 
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Codigo de identificación: GA32005012.
 -Materiais recollidos na prospección arqueolóxica para a localización e delimitación dos elementos patrimoniais do Concello de Baltar (Ourense). De cara a elaboración do P.X.O.M.
 -A.H.D.OU.
    BALTAR
       Libro 4.3.8.

volver a búsqueda