Camiño do contrabando

mapa ficha

Referencia:

010234

Nomenclator:

3200501

Coord. UTM:

x: 601452 y: 4639648

Concello:

Baltar

Parroquia:

ABADES

Lugar:

San Martiño dos Peros

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións do territorio

Subtipo:

Ruta de contrabando

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Indeterminado
Camiño do contrabando

Descrición:

Partindo do Pozo do Campo, seguir de fronte uns 100 metros ao longo dunha pista de terra. Ao chegares a unha bifurcación con tres ramais, seguir polo sendeiro do medio ata chegar a unha plantación de pinos, onde se perde. A fronteira portuguesa atópase á dereita de dita plantación.  
 
Esta ruta utilizábase para pasar mercadorías de todo tipo (gando, café, sal, zucre, plátanos, aceite, piña, bacallao, teas) dende o país veciño cara a Galicia e viceversa. Empregábanse mulas para o transporte destes productos, aínda que tamén había quen o facía a pé. Na súa maioría eran homes os que se adicaban a esta práctica. Había toda unha serie de camiños alternativos para escapar da Garda Civil. Se te collían, o que soían facer, era quitarche o que levases. Os veciños aínda se lembran de existir esta actividade nos anos 80. Na actualidade está en desuso.

volver a búsqueda