Muíño do Lisardo

mapa ficha

Referencia:

010229

Nomenclator:

3200506

Coord. UTM:

x: 597493 y: 4643070

Concello:

Baltar

Parroquia:

TOSENDE

Lugar:

Maus, As

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Muíño

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Muíño do Lisardo

Descrición:

Ubícase no lugar coñecido como As Leiras de Pedros. Aproveitando a pendente do terreo sitúanse dous muíños de canle. O de máis abaixo é o Muíño de Carmen da Aira, o de enriba o do Lisardo.
 
Xeralmente, o muíño é unha construción autónoma pero dependendo das condicións do lugar, ás veces pódense producir agrupamentos. Estes muíños responden á tipoloxía coñecida como muíños irmáns. Trátanse de construcións que precisan de fortes pendentes no terreo para poder establecerse mediante o encadenamento de varios muíños. Así, van pasando a auga procedente do inferno do primeiro para a canle do segundo e así sucesivamente. Neste caso só temos dous.
 
Existe unha enorme canle, para a recollida da auga, ao carón deste muíño. A auga desta canle entraría a través da canle do Muíño do Lisardo, chegaría ata o inferno para pasar á canle do Muíño da Carmen da Aira.
 
O muíño do Lisardo trátase dun muíño de canle realizado en cachotería, con lumieira na porta e cuberta a dúas augas. Na actualidade non conserva a cuberta. Atópase abandonado, estando o interior cuberto de maleza. O brión cubre toda a construción, tamén se atopa rodeada de pequenos carballos.

volver a búsqueda