Muíño de Carmen da Aira

mapa ficha

Referencia:

010228

Nomenclator:

3200506

Coord. UTM:

x: 597491 y: 4643071

Concello:

Baltar

Parroquia:

TOSENDE

Lugar:

Maus, As

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Muíño

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Muíño de Carmen da Aira

Descrición:

Nas Leiras de Pedros localízanse dous muíños de canle. Sitúanse nunha forte pendiente. O de abaixo é o de Carmen da Aira, moi preto pero máis arriba está o do Lisardo que ten ao seu carón unha canle.
 
Xeralmente, o muíño é unha construción autónoma pero dependendo das condicións do lugar pódense producir agrupamentos. Estes muíños responden á tipoloxía coñecida como muíños irmáns. Trátanse de construcións que precisan de fortes pendentes no terreo para poder establecerse mediante o encadenamento de varios muíños. Deste xeito, a auga procedente do inferno do primeiro vai pasando para a canle do segundo e así sucesivamente.
 
Neste caso temos só dous muíños. A auga entraría na canle do Muíño de Carmen da Aira procedente do inferno do Muíño do Lisardo. O muíño de Carmen da Aira, trátase dun muíño de canle realizado en cachotería con lumieira na porta e cuberta a duas augas. Atópase abandonado e sen cuberta. O brión cubre a construción, tamén presenta carballos nos seus arredores. A maleza invade o espazo interior.

volver a búsqueda