Xacemento Cruces do Pisón

mapa ficha

Referencia:

010207

Nomenclator:

3200507

Coord. UTM:

x: 604613 y: 4641313

Concello:

Baltar

Parroquia:

VILAMAIOR DA BOULLOSA

Lugar:

Montecelo

Tipoloxía:

Representacións Rupestres

Tipo:

Cruces de termo

Subtipo:

Cruz de termo

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento Cruces do Pisón

Descrición:

Partindo de Baltar, tomar a nova estrada que comunica con Portugal ata chegar ao cruce que leva cara a Boullosa. Os gravados atópanse uns 70 metros antes deste cruce,  concretamente a man esquerda. Haberá que camiñar uns 40 metros en dirección ao río para atopalos. Localízase nun pequeno rechán da ladeira que, baixando dende o monte onde se atopa o xacemento O Crasto ou Outeiro do Demo en dirección NL, cae cara ao próximo río da Rousía.
 
Nunha pena de granito irregular hai tres cruces gravadas, xunto con algúns outros rebaixes de morfoloxía indefinida e difícil interpretación. Das tres cruces identificadas, dúas-as de menores dimensións- dispóñense de maneira alineada.  A primeira presenta unhas medidas de 16 cm no brazo longo e 14 cm no brazo corto e a segunda de 12x10 cm. A máis grande, colocada de maneira paralela a éstas, presenta unhas dimensións de 31 cm no brazo longo por 20 no corto, rematando ditos brazos en pequenas coviñas ou cazoletas.
 
Posiblemente este gravados houbera que polos en relación coa presenza nos arredores de varios muíños de río, nos que se comprobou a proliferación deste mesmo tipo de marcas en xambas, dinteis, etc.
 
Dende este lugar vese a cuberta do Muíño do Pisón 2. Saliantar a dificultade para atopar esta rocha, atopábase totalmente tapada pola densa vexetación e o  brión cubría tódala súa superficie impedindo ver claramente os gravados.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Código de identificación: GA32005025.
 

volver a búsqueda