Xacemento O Terrado

mapa ficha

Referencia:

010205

Nomenclator:

3200507

Coord. UTM:

x: 604274 y: 4643021

Concello:

Baltar

Parroquia:

VILAMAIOR DA BOULLOSA

Lugar:

Vilamaior da Boullosa

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Necrópoles

Subtipo:

Necrópole

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento O Terrado

Descrición:

Dende Baltar, coller a vella estrada de comunicación coa Boullosa. Uns 800 metros despois de pasar Santo Antoniño, existe unha pista de terra á esquerda que hai que seguir ao longo duns 200 metros. No primeiro cruce haberá que torcer á dereita, continuar uns 100 m. O xacemento atópase a man dereita, nunha finca a uns 50 metros de dita pista. Ubícase na zona do Val da Boullosa, no extremo final dunha terraza de cultivo, dentro da área de suave ladeira con inclinación cara o SL.
 
Este sartego de forma trapezoidal, de 67 cm no extremo da cabeza e 50 cm no extremo dos pés, aparece escavado nunha rocha granítica. Ao seu carón hai outra zona de extracción máis pequena sen unha forma definida.
 
No lugar non se observa ningún outro elemento semellante, aínda que a súa maior parte atópase cuberta por vexetación, non descartándose novos achádegos. Por outra banda, este tipo de tumbas soen aparecen asociadas á presenza dunh templo ou lugar de culto, podendo existir restos soterrados.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia: GA32005023.

volver a búsqueda