Xacemento San Xurxe

mapa ficha

Referencia:

010204

Nomenclator:

3200507

Coord. UTM:

x: 601944 y: 4643242

Concello:

Baltar

Parroquia:

VILAMAIOR DA BOULLOSA

Lugar:

Vilamaior da Boullosa

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Necrópoles

Subtipo:

Necrópole

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
 Xacemento San Xurxe

Descrición:

Dende Baltar, coller a vella estrada de comunicación cara a Boullosa. Na entrada deste pobo desviarse á dereita en dirección a Tosende uns 1'6 km. Tomar  á dereita unha pista da parcelaria que non ten saída e que se atopa xusto en fronte dunha granxa. Tras percorrer uns 300- 400 metros ao longo desta pista, o xacemento atópase a ámbolos dous lados.
 
Ubícase nun outeiro, actualmente cortado por unha pista da concentración parcelaria, situado na parte final da ladeira sur do alto do Picoto, formando os límites septentrionais da zona da Veiga e val do Salas, cara os que mira.
 
O propio nome deste lugar indica que noutros tempos existíu un lugar cultual adicado a este santo. Debido as remocións feitas pola concentración parcelaria, xa fora localizado un sartego antropomorfo inacabado á beira da estada actual.
 
Na revisión realizada no ano 2005 localizouse unha posible tapa de sartego de granito decorada. A tapa ten forma lixeiramente trapezoidal-o extremo visible aparece fragmentado e cun certo arredondamento-, cunhas dimensións de 0'96 m de longo x 0'58 m de ancho e 0'10 m de groso (a lonxitude total descoñécese, xa que encontrouse chantada no terreo). Bordeando un dos extremos lonxitudinais vense unha serie de semicírculos ou arcadas gravadas, nun total de cinco na parte visible.
 
Nun punto cercano, formando parte dun dos amontoamentos deixados pola concentración, localizouse outra peza rectangular de granito, en bloque, que ben poidera tratarse doutro sartego (estaría boaca abaixo) ou ben doutro tipo de elemento arquitectónico. Na parte visible conta con algúns signos gravados, que poideran ser máis recentes (podería diferenciarse unha "A", aínda que en xeral a lectura é difícil).
 
Na visita actual, no ano 2009, non se localizou ningún destes elementos. Todas estas referencias apuntan a que neste lugar existise un antigo lugar de culto (pequeno templo ou capela con necrópole anexa) de época medieval.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32005021.

volver a búsqueda