Xacemento A Anta

mapa ficha

Referencia:

010203

Nomenclator:

3200507

Coord. UTM:

x: 603234 y: 4640375

Concello:

Baltar

Parroquia:

VILAMAIOR DA BOULLOSA

Lugar:

Vilamaior da Boullosa

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Túmulos Megalíticos

Subtipo:

Túmulo Megalítico

Etapa Histórica:

Calcolítico

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento A Anta

Descrición:

Dende Baltar coller a estrada nova que se dirixe a Portugal. Desviarse á dereita no cruce que conduce a San Martiño dos Peros, continuando por esta estrada uns 2 km para tomar unha pista de terra a man esquerda. Despois de percorrer aproximadamente 1 km chegarase ao lugar.
 
Trátase dunha chaira ubicada na falda occidental da elevación que alberga o xacemento coñecido como O Crastro ou Outeiro do demo (GA32005003). O topónimo localizouse na revisión do catastro, situándose nunha zona cha moi propicia topográficamente para conter o tipo de restos aos que se refire o nome: túmulos e dolmens.
 
Non obstante, a revisión de campo non ofrece resultados positivos en canto á localización deste tipo de xacementos. O lugar atópase alterado polas plantacións de piñeiros que poideron dar lugar á desaparición en superficie de tales restos.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32005-TOP004.

volver a búsqueda