Xacemento Aldea da Rousía

mapa ficha

Referencia:

010202

Nomenclator:

3200507

Coord. UTM:

x: 604816 y: 4640383

Concello:

Baltar

Parroquia:

VILAMAIOR DA BOULLOSA

Lugar:

Montecelo

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Xacementos Indeterminados

Subtipo:

Xacemento Indeterminado

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento Aldea da Rousía

Descrición:

Partindo de Baltar, coller a estrada que se dirixe cara a Portugal.  Percorridos aproximadamente uns 4 kilómetros, a uns 300 metros do cruce que se dirixe cara a Boullosa, desviarse á esquerda por unha pista de terra que baixa cunha forte pendente. No rechán, unha vez pasado o regato, coller unha ruta de senderismo existente á dereita- en dirección sur- que desemboca na propia Rousía. Ubícase na parte baixa da ladeira oeste que baixa dende a serra do Larouco, aos pés da cal discorre o río da Rousía.
 
Na actualidade a Aldea da Rousía atópase en ruínas, ocupado o seu espazo por unha densa carballeira, xusto na ribeira dereita do río do mesmo nome. Este asentamento componse por unha moi abondosa cantidade de vivendas ou estruturas, de planta xeralmente rectangular e realizadas en mampostería ou sillares irregulares de granito,ocupando unha ampla extensión de terreo. Estas estruturas agrúpanse en "barrios"-nalgúns vense aínda grandes pedras fincadas ao comezo das rúas, a modo de marcos, dos que algún aínda conserva o gravado dunha cruz- dispostos segundo un trazado hipodámico das rúas que os enmarcan. Entre os restos das estruturas visibles aparecen pías rectangulares en granito.
 
Ao comezo deste asentamento, no lado N, existe un pequeno outeiro chamado "O Outeiro da Santa", onde existíu unha capela adicada a Santa Isabel (unha talla desta santa apareceu soterrada aos pés do outeiro, hoxe atópase no capela de Montecelo). As súas coordenadas son: X: 604792, Y: 4640573.
 
Na actualidade a densa maleza somentes deixa ver os alicerces destas estruturas.
 Coordenadas:
 sur: X: 604991, Y: 46400054
 este: X: 605183, Y: 4640215
 oeste: X: 604603 Y: 4640181
 
Atopamos unha serie de referencias a dita capela nos seguintes libros:
 -libro 1.14.8  da BOULLOSA, no fol.63 aparecen unha serie de bens que donou a Condesa de Monterrey para as festividades do glorioso San Antonio de Santantuiño e para a visitacion de santa isabel.
  -libro 4.14.12 da BOULLOSA, no fol.7v na visita do 20 de xuño de 1679 "... Ay una hermita de Santantuiño y otra donde esta el santisimo = Ay otra en el lugar de lo rousía de santa ysavel..."
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32005001.
-A.H.D.OU.
    BOULLOSA
         Libro 1.14.8.
         Libro 4.14.12.

volver a búsqueda