Xacemento Campo de Ourique/A Telleira/A Veiga

mapa ficha

Referencia:

010201

Nomenclator:

3200507

Coord. UTM:

x: 599731 y: 4641889

Concello:

Baltar

Parroquia:

VILAMAIOR DA BOULLOSA

Lugar:

Vilamaior da Boullosa

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Explotacións mineiras

Subtipo:

Explotación mineira

Etapa Histórica:

Época Romana

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento Campo de Ourique/A Telleira/A Veiga

Descrición:

Dende Baltar coller a estrada vella de comunicación coa Boullosa ata chegar a San Paio de Abades. Alí debemos coller un desvío á dereita que leva directamente ao xacemento. Os restos máis visibles sitúanse entre o campo de fútbol e a antiga graveira.
 
Na zona máis alta, próxima ao campo de fútbol, localízanse unha serie de pozos (perfectamente delimitados pola vexetación, xa que se sitúan a unha cota máis baixa que o terreo natural) e varias canles, a modo de peines ou surcos converxentes, que confluirían nunha zona próxima ao curso do Salas. Unha destas canles atópase cortada polo camiño de acceso á graveira. Estaríamos polo tanto ante unha explotación mineira dun xacemento secundario, posiblemente aurífero.
 
Son varias as referencias bibliográficas que citan a posible existencia dunha explotación mineira, posiblemente aurífera, no lugar da Veiga. Xa Madoz, ao describir Abades, mencionaba as ruinas do antigo pobo de Saler, do que dicía que se distinguía aínda unha rúa e un pozo de auga comunicado co Salas.
 
Tamén A. Rodríguez Colmenero fai referencia aos restos aquí atopados, mencionando a existencia de canles, promontorios cónicos de pedras e terra e pozos cegos, concluíndo que formarían parte dunha explotación mineira antiga, con forma xeral de botella, na que varias canles confluirían nunha maior que desaugaría no Salas.
 
 Coordenadas:
 norte: X: 5995666, Y:4642238
 sur: X: 599849, Y: 4641307
 este: X: 600285, Y: 4641797
 oeste: X: 599217, Y: 4641672
 
 
DOCUMENTACIÓN:
 -Ficha de inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA 32005024.

volver a búsqueda